Área privada

Axudas do Programa Conectadas

Mércores, 15 Febreiro de 2017 | Tags: , axudas

A Deputación Provincial de Pontevedra convoca o programa “Conectadas”,  que ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Este programa irá destinado a asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres e que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, o seu tecido asociativo e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade