Área privada

Xira pola Infancia 2017

Mércores, 15 Febreiro de 2017 | Tags: infancia , formación

Volve a ‘Xira pola Infancia’. Esta vez inclúe o curso de Técnica/o en Promoción de Participación Infantil, que permitirá adquirir unha formación práctica para ensinar aos nenos e ás nenas a exercer os seus dereitos e a transformar a sociedade creando políticas sociais desde as súas propias perspectivas e intereses.

Entre o 4 de setembro e o 15 de decembro terá lugar un curso semipresencial de 540 horas. A formación estará becada na súa totalidade polo Consello Independente de Protección da Infancia -CIPI-.

A formación conta con tres fases; unha teórica e online, outra presencial con contidos prácticos e unha final online onde se deseña un proxecto social.

A Xira pola Infancia 2017 dará a coñecer como referentes internacionais os proxectos ‘A cidade das nenas e dos nenos’ de Francesco Tonucci, ‘Comunidades de aprendizaxe’ de Ramón Frecha, ‘Cidade Educadora’ de José Pacheco e a ‘Pedagoxía do Movemento Scout’.

Contará coa presenza de 200 participantes de todo o mundo. No caso de España ofrécense dúas becas por provincia, que poderán solicitarse a partir do 1 de Marzo a través da súa web: http://www.giraporlainfancia.es. Nese mesmo portal podes ver todo o relacionado con etapas, actividades, destinatarios, gastos da xira, etc.

Este é o vídeo promocional da Xira https://www.youtube.com/watch?v=p1Rivhva8yw#action=share

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade