Área privada

Practicas FUAC para estudantes e graduadas/os

Luns, 06 Marzo de 2017 | Tags: Emprego , prácticas

O Programa de Formación empresarial FUAC pode beneficiar á mocidade (estudantes ou tituladas/os) que quere comezar a súa carreira profesional, dando un primeiro impulso e acceso ao mundo laboral a través de prácticas en empresas, institucións ou entidades.

As persoas interesadas deben rexistrarse a candidatura na plataforma www.fundacion.udc.es/emplea

Se cumpres coas condicións do programa, tamén podes buscar activamente unha empresa na que facer as prácticas. A FUAC facilitará o apoio que necesario para formalizar un convenio coa entidade.

Máis información para candidatas/os

Por outra banda, as empresas, entidades e institucións tamén se benefician deste programa de prácticas, pois permítelles contar co talento de novas/os profesionais. A FUAC encárgase da tramitación de altas e baixas e da cotización pola persoa bolseira á Seguridade Social, sendo a entidade a que financia o custo total da práctica, nos termos económicos recollidos polo programa.

Máis información para entidades

 

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade