Área privada

Axudas ao emprego e emprendemento na provincia da Coruña.

Martes, 14 Febreiro de 2017 | Tags: Emprego , subvencións

A Deputación da Coruña publicou recentemente a convocatoria de axudas do Plan de Emprego PEL PEME e PEL EMPRENDE.

PEL EMPRENDE pretende apoiar aos mozos e mozas emprendedoras no impulso á súa idea de negocio a través de subvencións destinadas ao investimento en bens inventariables novos e necesarios para a realización da súa actividade empresarial (aplicacións informáticas, mobiliario, equipos e útiles de traballo, etc.)

As axudas cubrirán investimentos de ata 40.000 euros (IVE excluído), dos cales o 50% (20.000 euros) poderá ser subvencionado pola Deputación. Con esta liña do PEL, o Goberno provincial estima poder axudar a máis de 100 emprendedores da provincia a pór en marcha o seu negocio.

As liñas PEL PEME subvencionarán durante un período dun ano o 75% dos custes laborais, incluídas as cotas da Seguridade Social, da contratación de novo persoal nas pequenas e medianas empresas que teñen o seu domicilio fiscal en calquera dos 82 concellos de menos 20.000 habitantes da provincia da Coruña. As persoas que se van contratar deberán cumprir unha serie de requisitos, como estar empadroadas en calquera dos municipios da provincia da Coruña, estar en situación de desemprego e inscritas nos servizos públicos de emprego antes da convocatoria, non manter relación laboral coa empresa beneficiaria da subvención nos tres meses anteriores ou non ter relación de parentesco coa persoa empregadora.

O prazo das solicitudes de ambas convocatorias está aberto ata o 3 de marzo

Máis información

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade