Área privada

Talento solidario

Martes, 28 Febreiro de 2017 | Tags: Emprego , educación social , enl

A Fundación Botín desenvolve o programa Talento Solidario, a través do cal pretende impulsar e dinamizar a profesionalización do sector non lucrativo nun amplo sentido: a través do fortalecemento interno das entidades, a través da incorporación de talento nas organizacións sociais e fomentando a innovación e o traballo colaborativo no Sector.

Funciona en base a dúas convocatorias: a primeira dirixida a entidades non lucrativas, a través da cal poderán optar a: incorporar a unha ou un profesional, contratar ata 3 servizos profesionais independentes, ou ben entrar a formar parte da rede Talento Solidario. E a segunda dirixida a profesionais en desemprego que desexen incorporarse a algún dos proxectos concedidos ás entidades que participaron da convocatoria anterior.

Por que nos interesa?

  • Se estás traballando nunha entidade sen ánimo de lucro, a túa institución pode ter a oportunidade de sacar adiante un proxecto novo ou reforzar a profesionalización do traballo que levades a cabo cunha nova incorporación laboral. Unha oportunidade para crear emprego, nun sector no que a educación social é unha profesión clave. Así que se este é o teu caso, animámoste a que a túa entidade de traballo participe na convocatoria (aberta neste momento, e ata o 23 de febreiro) solicitando a incorporación dunha educadora ou educador social.
  • Se estás en desemprego, de momento toca esperar a que se abra a convocatoria. Só os perfís demandados a través da convocatoria a entidades serán os que poidan participar. Esperemos que se teña en conta a Educación Social, e que Galicia estea ben representada nesta convocatoria!

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade