Área privada

Colaboración nun estudio sobre saúde pública

Luns, 06 Febreiro de 2017 | Tags: saúde , investigación

Dúas estudiantes do Máster de Saúde Pública da Universidade de Santiago están desenvolvendo o seu proxecto de Fin de Máster colaborando cun estudio sobre ‘Actitudes e coñecementos sobre os antibióticos’ que comezou fai oito anos.
A primeira fase do estudio realizouse en médicos e farmacéuticos. Agora queren dar o seguinte paso e saber que opinión hai na rúa sobre este tema.

Para isto, necesitan reunir un grupo de 5 a 8 persoas coas que falar sobre este tema. Interésalles formar grupos de dous tipos: pais e nais exclusivamente, e poboación en xeral. Elas proporán unhas preguntas sinxelas sobre as que se charlará durante 30/45min. Por suposto, trátase dun estudio anónimo e confidencial.

Se queres colaborar con esta investigación, podes contactar con elas directamente: olalla.vazquez@rai.usc.es / laura.souto.lopez@rai.usc.es / tfl. 630151474

Para máis información sobre esta liña de investigación podedes acceder á esta páxina web

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade