Área privada

Eu quero unha Lei de Educación Social, e ti?

Xoves, 02 Febreiro de 2017 | Tags: Ceesg , , lei de ES

Por qué é necesaria unha lei de Educación Social?

  • Porque a educación é un tema moi serio que precisa de control e supervisión para que se dean servizos de calidade.
  • Porque evitariamos o intrusismo que dificulta o noso traballo e desvirtúa a nosa función socioeducativa.
  • Porque unha profesión regulada é garantía de profesionalidade, neste caso, no acompañamento, trato e atención ás persoas.
  • Porque permitiranos dar a coñecer a educación social como unha profesión transformadora de contextos e de persoas.
  • Porque as posibilidades para acreditar os nosos ámbitos de traballo deben ser diversos, de xeito que se permitan activar os mecanismos que regulen cada un dos servizos que ofrecemos en cada contexto socioeducativo que traballamos.
  • Para evitar a precariedade laboral nos nosos ámbitos de traballo (infancia, servizos sociais, maiores, cultura, educación regrada e non regrada, sanidade, discapacidade, prisións, mulleres, inmigrantes...)

Como sumarte á campaña?

  • Descarga o modelo de petición.
  • Preséntao en calquera rexistro público que teña ventanilla única (concellos, Xunta, etc.)
  • Podes presentar peticións doutras persoas, non fai falta ser educadora ou educador social, pois interésanos a toda a cidadanía.
  • Anímate a facer unha foto e compártea no facebook #PorunaleydeEducaciónSocial.

Tamén hai modelo de petición para presentar en representación de entidades (asociacións, ongs, etc. se representas a algunha entidade, ou queres propoñelo no teu lugar de traballo, sería estupendo)

Non esperes máis e súmate á nosa reclamación.

Esta campaña finaliza en abril 2017.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade