Área privada

Investigación sobre Educación social e TICs

Mércores, 01 Febreiro de 2017 | Tags: investigación

Un educador social da Universidade de Burgos está levando a cabo unha investigación sobre os usos e a valoración das tecnoloxías da información e a comunicación por parte das e dos profesionais da Educación Social.

Para lograr a maior representatividade posible en canto a profesionais de todo o Estado, solicita a colaboración das colexiadas e colexiados do Ceesg cumprimentando un cuestionario online, de carácter anónimo, que vos levará menos de 10 minutos.

Animámoste a colaborar; podes acceder ao cuestionario nesta web: https://goo.gl/forms/nHvBPCUEYuUEGcoi1

Trasladámosvos o agradecemento do investigador Alejandro Martínez.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade