Área privada

Premios INCUVI-Emprende

Martes, 24 Xaneiro de 2017 | Tags:

O día 15 de decembro de 2016 publicouse a convocatoria da VI Edición de INCUVI-Emprende co obxecto de fomentar o espírito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas a través un concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores dos tres campus da Universidade de Vigo un programa de preincubación dun ano de duración.

PREMIOS
O número total de proxectos premiados corresponderá co número de espazos ofertados nas preincubadoras existentes en cada un dos campus da Universidade de Vigo:

  • Campus de Vigo, 6 espazos
  • Campus de Ourense, 4 espazos
  • Campus de Pontevedra, 2 espazos

O premio consistirá na incorporación a un programa dun ano de duración no que se desenvolverán actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos, así como a subvención, durante o mesmo período, dos custos de estadía nun espazo de traballo na preincubadora do campus correspondente.

PERSOAS DESTINATARIAS
Poderán presentar as súas ideas a concurso:

  • Estudantes da Universidade de Vigo que estean cursando estudos de primeiro, segundo ou terceiro ciclo, grao ou mestrado.
  • Persoas tituladas pola Universidade de Vigo no curso 2013/2014 ou posteriores.

Poderán presentarse a concurso iniciativas que desenvolvan proxectos de emprendemento en calquera das ramas de coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade de Vigo.
Os proxectos poderán ser elaborados individualmente ou en grupos dun máximo de 4 persoas.

PRAZO
O prazo de presentación de solicitudes rematará o 2 de febreiro de 2017.

INSCRICIÓN: Na web da U. de Vigo

BASES
As bases da convocatoria están dispoñibles na web da U. de Vigo

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade