Área privada

11 de febreiro na Coruña: Construíndo profesión. Estás convidad@

Martes, 24 Xaneiro de 2017 | Tags:

O vindeiro 11 de febreiro, o Centro Cívico de Eirís, na Coruña, estará empapado de Educación Social. Alí terá lugar pola mañá a asemblea do Ceesg –o encontro máis importante do ano para o colexio-, e na xornada de tarde estamos preparando unha serie de actividades abertas a toda persoa que queira achegarse. 

Primeiro divertirémonos co Photocall #PorunaleydeEducaciónSocial. A continuación proxectarase o documental ‘Fitos e feitos da Educación Social en Galicia’. Ao rematar o video-forum, teremos preparado algo para picar, e como remate, un relatorio-diálogo sobre a necesidade da Lei de Educación Social.

As portas están abertas a toda persoa que queira participar, pero por cuestións organizativas necesitamos saber cantas persoas acudirán. Por iso, se queres vir, só tes que enviarnos un email a ceesg@ceesg.org avisándonos.

Se estudias educación social, che interesa a educación social, incluso se non tes nin idea do que é a educación social... achégate a tarde do 11 de febreiro ao Centro Cívico de Eirís. Esperámoste!

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade