Área privada

11 de febreiro: Asemblea do Ceesg

Xoves, 09 Febreiro de 2017 | Tags: Ceesg , asemblea

O calendario do Ceesg ten marcada unha data especial neste 2017: 11 de febreiro, Asemblea do Ceesg.

A asemblea é un momento do ano moi importante para o colexio, pois aí dáse conta do que fixemos no 2016 e decidimos o que queremos facer no 2017. Dende a Xunta de Goberno temos unha proposta de acción, pero esta debe

ser aprobada pola asemblea xeral de colexiadas/os, e polo tanto está aberta a todas as achegas e observacións que estimedes convenientes; os documentos da asemblea están abertos a debate para que as accións colexiais respondan ás demandas e necesidades reais de todo o colectivo profesional.

Este ano será A Coruña a cidade que acolla a asemblea, concretamente o Centro Cívico de Eirís. Ó horario de mañá dedicarémolo aos asuntos asemblearios, e pola tarde estamos preparando un programa ben interesante e aberto a toda a cidadanía: Photocall #PorunaleydeEducaciónSocial, documental ‘Fitos e feitos da Educación Social en Galicia’, merenda, e relatorio-diálogo sobre a necesidade da Lei de Educación Social.

Pronto teremos na páxina web os documentos relacionados coa orde do día. E as que poidades vir, recibiredes un lote composto de bolsa de tela, libretiña de notas, e libro de actas do I Encontro LusoGalaico. Non quedes sen o teu!

Esperámoste!

11 de febreiro

Centro Cívico de Eirís (A Coruña) (ver mapa)

Mañá: 10:00 (primeira convocatoria) 10:30 (segunda convocatoria)

Tarde: A partir das 16:00

 

Comentarios (2)

1 | Roberto - Mércores, 08 Febreiro de 2017 ás 20:07

Boas. ¿onde podo consultar os documentos relacionados coa orde do día?

2 | Ceesg - Xoves, 09 Febreiro de 2017 ás 13:20

Aquí está o enlace directo: http://ceesg.org/o-ceesg/xunta-goberno/documentos-asemblea-2017

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade