Área privada

Campaña #PorunaleydeEducaciónSocial

Martes, 30 Maio de 2017 | Tags: campañas , lexislación

O 27 de decembro, coincidindo co 10º aniversario da publicación no BOE da Lei de creación do Consello Xeral de Colexios de Educadoras e Educadores Sociais, esta mesma entidade presentou ante o rexistro do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e ante o Congreso das/os Deputadas/os a solicitude de creación dunha lei que regule a Educación Social e que visibilice, dignifique e reivindique a importancia desta profesión na sociedade.

A idea da campaña é facer chegar milleiros de peticións ao Ministerio, comezando pola do CGCEES, seguida dos colexios profesionais autonómicos, das persoas colexiadas, e da cidadanía en xeral.

Únete á petición

Calquera persoa pode sumarse á petición presentando a solicitude de creación da lei. Para facilitalo, poñemos á vosa disposición tres modelos diferentes, un para persoas colexiadas, outro para institucións, e outro para calquera outra persoa que queira apoiar esta causa.

Xa que vai dirixido a un Ministerio con sede fóra de Galicia, no caso de presentar a petición en galego, debe ir acompañada de tradución a castelán.

Debe presentarse copia duplicada, para quedarte con unha delas, selada polo rexistro.

Podes presentala en calquera rexistro público (concello, Xunta de Galicia, etc.) que teña ventanilla única. Escolle o teu modelo:

COLEXIADAS/OS DO CEESG:

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para persoas colexiadas (castelán)

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para persoas colexiadas (galego)

CIDADANÍA, ESTUDIANTADO:

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para a cidadanía (castelán)

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para a cidadanía (galego)

ENTIDADES E INSTITUCIÓNS:

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para institucións e entidades (castelán)

Descargar modelo de petición de creación da lei de Educación Social para institucións e entidades (galego)

Se podes recabar solicitudes doutras persoas -a túa familia, compañeiras e compañeiros de traballo, amizades, etc.- lembra que podes presentar no rexistro as súas solicitudes, podendo aforrar desprazamentos (cada solicitude debe indicar o nome, apelidos, DNI e sinatura da persoa)

Infórmanos se fas a solicitude, ou se recabas outras, para poder levar un seguimento do número de solicitudes presentadas. Necesitamos que nos envíes unha copia das solicitudes que presentastes (da primeira páxina, onde figura o selo de entrada), pois imos entrar en contacto cos grupos políticos para solicitar o seu apoio expreso e colaboración, e sería moi importante respaldar esta petición con probas fidedignas do apoio que conseguiu esta campaña por parte da sociedade. Isto pode ser moi relevante para conseguir os apoios necesarios. Podedes enviarnos a copia escaneada a ceesg@ceesg.org ou por correo postal á sede do Ceesg.

Podes escoitar as palabras de Xavier Puig, presidente do CGCEES, tras presentar a solicitude no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, neste vídeo: https://youtu.be/mO25uIYKVjg

Comentarios (4)

1 | Yasmina Lamelas Peinó - Xoves, 26 Xaneiro de 2017 ás 19:12

Buenas tardes! Esta semana me pondré a recaudar firmas de familiares, amigxs y conocidxs. Y tengo varias preguntas. ¿Es necesario, además del modelo de petición de creación de la ley, algún otro documento acreditativo de las peticiones que no son tuyas?

2 | Ceesg - Venres, 27 Xaneiro de 2017 ás 09:48

Xenial Yasmina! Podes presentar o modelo cos datos e coa sinatura orixinal da outra persoa, non fai falta nada máis. Iso sí, é conveniente que leves fotocopia polo menos da primeira páxina de cada solicitude, para quedarte con copia selada co número de rexistro que che poñerán alí.

3 | Marga - Venres, 03 Febreiro de 2017 ás 10:08

Ola! Intentei meter por rexistro sete peticións, en dous concellos distintos con ventanilla única, e en ambos me dixeron que non poden. Que a debo mandar eu por correo ao ministerio. Hai algún rexistro en Santiago onde o fagan? Un saúdo

4 | Ceesg - Venres, 03 Febreiro de 2017 ás 10:17

En Santiago están os rexistros da Xunta de Galicia, como o rexistro xeral en San Caetano. Aquí tes listados dos principais rexistros da Xunta en Galicia: http://www.xunta.gal/oficina-de-rexistro-e-informacion/presentacion En Santiago, e Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Fontiñas, tamén teñen rexistro autonómico.

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade