Área privada

Última chamada - Curso de ética aplicada á acción socioeducativa

Mércores, 18 Xaneiro de 2017 | Tags: formación , descontos , ética

Estamos nos últimos días para facer a inscrición na formación sobre ética aplicada á acción socioeducativa. 

Non perdas a oportunidade de formarte con dous dos mellores expertos na materia (Joan Canimas e Sergio Ramos), e de aprender a identificar, clarificar e afrontar os conflitos éticos derivados da acción socioeducativa.

A formación será impartida en Santiago de Copmostela en dúas fins de semana (20-21 de xaneiro e 3-4 de febreiro) e formúlase cun enfoque teórico-práctico, dividíndose en dous módulos: o primeiro será unha introdución aos conceptos e teorías fundamentais, afondando nos principios de autonomía e confidencialidade; e o segundo será fundamentalmente práctico, onde analizar situacións concretas que poden darse na praxe e que poden ser formuladas polas propias persoas participantes.

Para coñecer todos os detalles, descarga o dossier informativo.

Acceso ao formulario de inscricións.

 

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade