Área privada

Accións a prol da eliminación a violencia contras as mulleres

Luns, 14 Novembro de 2016 | Tags: igualdade , mulleres , formación

Achégase o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as mulleres. Moitas son as entidades e concellos que ao longo deste mes organizan diferentes actividades con motivo de visibilizar e denunciar publicamente as diferentes formas de violencia exercida contras as mulleres, e o machismo imperante na nosa sociedade.

Compartimos aquí algunha desas iniciativas, ás que de seguro se sumarán moitas nos próximos días, sen esquecer que esta é unha loita diaria, e que non debe limitarse a visibilizala só nesta data:

Acércate. VI Xornadas: Igualdade e prevención da violencia de xénero. Ames, 17 de novembro.

O feminismo, imprescindible para construír outra Europa. Ourense, 18 e 19 de novembro.

Xornada local contra a violencia de xénero. Baiona, 24 de novembro.

En negro contra a violencia de xénero. Unha iniciativa á que se uniron 15 concellos para promover e facer visible o rexeitamento da cidadanía cara a violencia machista, implicando a axentes sociais e económicos para tinguir de negro vilas e cidades. Compostela, onde está ubicada a nosa sede, é un dos concellos que participa desta iniciativa, e o Ceesg uniuse para facer visible o noso rexeitamento á violencia.

Pinta el mundo de naranja. A ONU elixiu a cor laranxa para facer visible este rexeitamento, a través dunha campaña que durará do 25 de novembro ao 10 de decembro (Día dos Dereitos Humanos) e titulada 16 días de activismo contra a violencia de xénero. Convídanos a participar tamén a través de redes sociais.

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade