Área privada

IV Concurso de traballos de fin de grao TFG.eduso

Luns, 30 Xaneiro de 2017 | Tags: concurso , universidade

Ábrese unha nova edición do Concurso de traballos de fin de grao arredor da Educación Social TFG.eduso, que pretende dar recoñecemento e visibilidade aos traballos realizados polo alumnado de grao de Educación Social.

O prazo de presentación de traballos xa está aberto, podendo enviar os traballos ata o 22 de xaneiro de 2017.

Nesta convocatoria poderán participar as persoas que presentasen o seu traballo de fin de grao durante o curso 2015/2016 en calquera universidade galega, incluídos os centros UNED galegos, usando a lingua galega e que acadasen unha nota mínima de 8. Mantéñense, como nas edicións anteriores, dúas categorías diferentes: Educación Social ESTENDIDA (para aqueles traballos que investiguen acerca dos ámbitos e temáticas tradicionais da Educación Social), e Educación Social ESCONDIDA (para os que se traten novos ámbitos de proxección profesional ou metodoloxías novidosas e inclusivas)

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade