Área privada

4º Concurso de proxectos Memorial Toni Julià

Mércores, 01 Marzo de 2017 | Tags: Participación , publicacións , cgcees , concurso , proxectos

Moi pronto remata o prazo para presentarse en Galicia ao Concurso Estatal de proxectos de Educación Social Memorial Toni Juliá.

O Consello Xeral de Colexios Oficiais de Educadoras e Educadores Sociais (CGCEES), en colaboración cos Colexios Profesionais Autonómicos e as Asociacións Profesionais existentes, convocaa este concurso, que leva o título de ‘Memorial Toni Julià’ en homenaxe a un dos máis importantes precursores da nosa profesión no Estado.

A convocatoria consiste nun concurso de proxectos profesionais realizados por educadoras e educadores sociais ou estudantes de educación social, premiándose as que se consideren máis interesantes e innovadoras, e facilitando a súa difusión.

O concurso é a nivel estatal, e os traballos deben presentarse no Colexio profesional ou asociación de Educación social da comunidade autónoma na que se desenvolva o proxecto ou onde estea colexiada/o actualmente a persoa que o presenta.

O Ceesg quere colaborar con esta iniciativa de forma activa e amosar o interese por facer un recoñecemento público aos proxectos galegos. Por iso, publicamos unhas cláusulas específicas a través das cales se establecen dous premios que se concederán aos proxectos presentados no Ceesg que resulten finalistas (é dicir, que pasen á fase estatal do concurso).

No Ceesg, poden presentarse os proxectos ata o 1 de marzo.

Queres saber quen foi Toni Julià? A revista RES publicou un número especial monográfico da súa biografía. Ir á revista RES nº 12

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade