Área privada

Últimos días para a inscrición no Congreso Internacional sobre Educación Social e Escola

Xoves, 15 Setembro de 2016 | Tags: Escola , formación , Congreso , profesorado

Ourense será a cidade de acollida para o Congreso Internacional e III Xornadas de Educación Social e Escola, que se desenvolverá os vindeiros días 30 de setembro e 1 de outubro, baixo o lema Educación social e escola. Unha análise da última década. 

Con este Congreso crearase un espazo de encontro internacional no que analizar a profesión da educación social no ensino, e ao mesmo tempo presentar a figura das educadoras/es sociais ás administracións públicas, e as súas funcións no eido escolar. Prestarase unha atención especial a coñecer a realidade noutros territorios do Estado, así como de Portugal, e as experiencias existentes no ámbito local da comunidade galega.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 23 de setembro. Recordamos que hai unha bonificación para colexiadas/os en Educación Social, membros de Nova Escola Galega, e estudantado das Universidades, de xeito que a cota para estes colectivos será de 45€. A cota xeral é de 75€.

As actividades do congreso desenvolveranse na Facultade de Ciencias de Educación e o Liceo de Ourense

Ir ao formulario de inscricións

Web do congreso

Facebook do congreso

E para os que vaiades estar no Congreso... non marchedes moi pronto, porque estamos preparando algo moi chulo para xusto despois. Anunciarémolo pronto, estade atentxs!

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade