Área privada

Educación social nas aulas

Luns, 28 Marzo de 2011 | Tags: Escola

El club de las ideas é un programa de televisión divulgativo sobre educación, pedagoxía e o mundo da escola, que se emite en Canal Sur.

Non hai moito, neste espazo amosaron o importante papel que os educadores e educadoras sociais levan a cabo nos centros de ensino da comunidade andaluza, asumindo funcións como a prevención de conflictos, a orientación titorial, a mellora da convivencia entre o alumnado, ou a mediación.

Andalucía é unha das comunidades autónomas, xunto con Castela A Mancha e Estremadura, nas que a profesión de Educación Social está instaurada dun xeito normalizado nos centros de ensino. En Galicia, aínda que cada vez é maior a presenza destes/as profesionais no mundo das aulas, aínda non está normalizada esta figura.

Alégranos ver que espazos de divulgación educativa, como El club de las ideas, se faga eco do labor deste profesional tan necesario.

 

 

 

Comentarios (0)

O teu comentario (*) Campos obrigatorios
 
cláusula de privacidade