Despois do éxito rotundo da primeira representación en Galicia, as Facultades de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña e da Universidade de Vigo, en colaboración co Ceesg, volven a traer o espectáculo á nosa terra.
Non volo podedes perder!
A obra “Educador social en Alaska. Historias dun educador social perdido nuns servizos sociais entre Extremadura e Alaska”, é un espectáculo que pon en escena o blog de gran éxito e crítica, no que o seu autor (e educador social) Sera Sánchez, baixo o pseudónimo de “Quique”, reflexiona sobre o seu día a día nos servizos sociais.
A obra trasládanos escenas do cotiá profesional, representadas por un solo actor que encarna a todas as personaxes coas que traballa “Quique”, a partir dunha ferramenta esencial no oficio como é a entrevista. Polo escenario desfilan historias humanas, cargadas ás veces de dramatismo e ás veces de humor. Historias actuais baseadas en experiencias reais do autor.
“Educador social en Alaska é un espectáculo sen límites espaciais, directo, onde se toca, se saborea e se escoita”.
Estreouse o 29 de maio de 2009 e leva numerosas representacións por distintos lugares da xeografía española. Recibiu o Premio Retines 2008, do CEESC (Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Cataluña). Este é o último ano en que se representará a obra, xa que comezan un proxecto novo “Alaska 2099”, en clave futurista.
Ademais da representación da obra, desenvolverase un teatro forum, da man do seu autor e educador social, Sera Sánchez, no que teremos a oportunidade de afondar na reflexión e intercambio de opinións sobre a intervención socioeducativa en servizos sociais, as posibilidades e limitacións da actuación, as problemáticas e os retos existentes na actualidade.
Lugar e datas de celebración
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS