Área privada
Política de Privacidade para Membros do Ceesg



Política de protección de datos persoais dos membros do CEESG.

De acordo co novo Regulamento Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679 (RXPD) temos actualizado os termos da nosa Política de Privacidade.

Con esta actualización pretendemos ofrecerche información clara, polo miúdo e transparente sobre o uso e o tratamento dos teus datos persoais, xunto co noso compromiso para garantir a túa privacidade e recopilar unicamente aquela información que sexa estritamente necesaria. De seguido facilitámosche o seu contido de forma sintética.

 

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

Responsable: Colexio de Educadores e Educadoras Sociais de Galiza (CEESG)
Dirección: R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña)
CIF: Q-1500270B
Tel .: 981 552 206
Fax: 981 938 274
Correo electrónico: ceesg@ceesg.org
Contacto DPD: dpd@asensucontrario.info

 

Que datos persoais recollemos?

Aqueles datos que ti nos proporcionaches no intre no que te diches de alta no CEESG, cando participaches nos cursos de formación ou nas actividades que organizamos ou aqueles que nos cedeches para acceder aos servizos telemáticos que ofrecemos a través do noso sitio web, basicamente:

 

Con que finalidade tratamos os teus datos persoais?
Tratamos os teus datos persoais principalmente para tarefas de xestión, mantemento, desenvolvemento e control propio do CEESG:

Eventualmente, trataremos a información que nos achegas co gallo de informarte de novidades relacionadas co CEESG e/ou co noso entorno profesional que poidan ser do teu interese.

 

Cal é a lexitimación para o tratamento dos teus datos persoais?

A base legal para o tratamento dos teus datos realizase no cumprimento da Lei 25/2009, de 22 de decembro, de modificación de diversas leis para a súa adaptación á Lei sobre o Libre Acceso ás Actividades de Servizos e o Seu Exercicio da Lei 2/1974, de 13 de febreiro sobre Colexios Profesionais e da Lei 1/2001, de 22 de xaneiro, de Creación do Colexio de Educadores Sociais de Galiza.

 

A que destinatarios se lle comunican os teus datos persoais?

Os teus datos non serán comunicados a terceiros agás por obriga legal. A única excepción é a comunicación do teu número de conta corrente para a xestión dos pagamentos das cotas colexiais. En relación cos servizos de terceiros vencellados á web do CEESG, informamoste de que podes consultar a nosa Política de Privacidade Xenérica e os Termos de Uso no noso sitio web.

 

Canto tempo ha conservar o CEESG os teus datos?

Os datos facilitados conservaranse durante o tempo estritamente necesario para os fins do tratamento e mentres exista un interese mutuo en manter a finalidade do mesmo, sempre e cando a/o titular non revocase o seu consentimento, e sempre seguindo como criterio o principio de minimización contemplado na normativa vixente.

Os criterios que se aplicarán para a conservación dos datos proporcionados serán os seguintes:

Cando os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que foron recompilados ou se solicite a súa supresión, eliminaranse por procedementos seguros e fiables.

 

Están seguros os teus datos persoais?

Adoptamos tódalas medidas técnicas e organizativas necesarias co obxectivo de evitar calquera posibilidade de acceso ou tratamento non autorizados, alteración o perda. O noso compromiso é manter sempre seguros e íntegros os teus datos.

 

Cales son os teus dereitos referentes aos teus datos persoais?

Podes exercer o teu lexítimo dereito para:

Para exercer calquera dos teus dereitos ou mesmo retirar o teu consentimento, só tes que contactar por correo electrónico ou postal co responsable do tratamento mediante un escrito dirixido á sede social do CEESG:
        R/ Lisboa 20, Baixo C,
        15707 Santiago de Compostela
ou achegarte fisicamente ata as nosas dependencias onde te atenderemos encantados. Para exercer os teus dereitos, debes acompañar a túa solicitude cunha copia do DNI. O exercicio dos teus dereitos é de balde. Se consideras co  tratamento dos teus datos persoais vulnera a normativa ou non é axeitado, podes contactar ou presentar unha reclamación ante o noso Delegado de Protección de Datos: dpd@asensucontrario.info

Pode trocar a Política de Privacidade?

O CEESG resérvase o dereito a modificar a presente Política de Privacidade co  fin de adaptala ás novidades lexislativas que sexan procedentes. Neste caso notificariámoscho, con tempo abondo, antes de proceder a aplicar as modificacións necesarias.

Tes que facer algo?

O único preciso pola túa banda é ler atentamente esta Política de Privacidade e dar o teu consentimento cando corresponda, aceptando os seus termos.