A Diplomatura de Educación Social serve a todos os efectos para exercer a profesión. Isto quere dicir que a efectos académicos ou profesionais, a modificación do sistema universitario non afectará aos títulos actualmente vixentes.
As persoas cunha titulación universitaria obtida conforme ao anterior sistema, poderán ser admitidas nos novos estudos de postgrao, que dan acceso aos títulos de Máster e Doutor/a.
Aínda así, nalgunhas universidades (concretamente Santiago de Compostela e Oviedo) existe a posibilidade de realizar unha formación complementaria (ou "curso ponte”) para as persoas diplomadas interesadas en obter o novo título de grao. Isto é así debido á maior carga lectiva que teñen os novos estudos, en comparación coa antiga diplomatura.
Cada universidade establecerá un cadro de convalidacións entre os anteriores estudos e os actuais, e determinará as materias que deberán cursar as persoas diplomadas para obter o título de grao. Esta información pode consultarse nas memorias para verificación do título, que se poden encontar na seguinte ligazón.
A postura do Consejo General de Colegios de Educadoras y Educadores Sociales (CGCEES), subscrita polo Ceesg, respecto aos "cursos ponte" é a seguinte:
De acordo con:
Propón
A convalidación automática do título de Graduada/o en Educación Social a todas aquelas persoas que, tendo o título de Diplomada/o en Educación Social, demostren como mínimo 1 ano de experiencia laboral nun ámbito vinculado á Educación Social e realicen o traballo de fin de grao correspondiente.
O pasado 17 de setembro de 2010, e visto o interese que este asunto esperta entre as persoas diplomadas, o Ceesg organizou unha charla co obxecto de resolver as dúbidas que xera a reforma universitaria ás persoas diplomadas. O resume dese encontro publicouse no Boletín do Ceesg nº 42.
R/ Lisboa 20, Baixo C, 15707 Santiago | Telf: 981 552206 | Fax: 981 938274
Política de protección de datos | Contacto | RSS