Área privada

Formación Ceesg

Normativa

A. Condicións da inscrición:

  • Realizarase a solicitude de inscrición por escrito, vía telemática, por correo postal ou fax.
  • A inscrición non se considerará realizada ata que non se achegue a documentación requirida:
    • Pagamento da cota correspondente e envío do resgardo bancario.
    • Acreditación da situación de desemprego ou estudante, no seu caso.
  • Unha vez completada a inscrición, o Ceesg enviará a confirmación da mesma vía correo-e.
  • Como norma xeral, as prazas concederanse por rigurosa orde de inscrición, sen prexuízo de que nalgunha acción concreta se estableza outro criterio.
  • As certificacións de asistencia enviaranse en formato pdf por correo-e.

B. Lista de agarda:

  • Crearase unha lista de agarda unha vez cuberto o número de prazas dispoñibles para cada acción formativa.
  • En caso de anulación dalgunha inscrición, o Ceesg notificará a dispoñibilidade de prazas.
  • Para formar parte da lista de agarda non será necesario realizar o pagamento da cota de inscrición ata que o Ceesg confirme a dispoñibilidade de prazas.

C. Anulación de accións formativas:

As actividades formativas poderán ser anuladas se non se acada un número mínimo de inscricións, ou por outros motivos de tipo organizativo.

O Ceesg informará de calquera cambio na programación das accións formativas.

D. Devolución de cotas:

O importe da inscrición poderá devolverse nos seguintes casos:

  • Cando a persoa solicitante non fose admitida na actividade.
  • Cando a persoa inscrita anule a súa solicitude con antelación á finalización do prazo de inscrición. Se non se establecese un prazo, deberá avisar dous días antes do inicio da actividade formativa.
  • Cando o Ceesg anule a actividade nos supostos sinalados no apartado anterior.

A devolución realizarase mediante transferencia bancaria con posterioridade á celebración/anulación da actividade.

Maio 2014