Área privada

Formación Ceesg

Inscrición nos cursos actuais

Podes acceder á información detallada das accións formativas do Ceesg e facer a inscrición telemática, cando estea aberto o prazo e mentres non se esgoten as prazas.

  • Abordaxe de crise con menores residentes en centros de protección e reforma
    1 e 2 de xuño
    • » Lugar:
      Ourense - Centro Cívico A Ponte
    • » Descrición:
      No ámbito do acollemento residencial de menores, encontrámonos de cada vez con máis frecuencia, con rapaces e rapazas que teñen episodios de crise nos que se comportan de xeito especialmente agresivo e emocionalmente descontrolado, xa que o comportamento deixa de ser gobernado dende un nivel racional para ser controlado por un nivel puramente emocional. O modelo de intervención en crise que se propón, convértese nunha interesante ferramenta educativa, xa que ademais do control da conduta buscamos principalmente unha modificación das causas das condutas situadas no propio rapaz ou rapaza a nivel dos seus factores emocionais e cognitivos.
      Obxectivos do curso:
      - Dotar de estratexias aos educadores e educadoras sociais para abordar as crises nos menores.
      - Previr crises mediante a elaboración de procedementos de actuación para responder a situacións non cotiás pero complexas e moi graves e que alteran a convivencia.
    • » Docentes:
      Andréu Barnés Serra, educador social dun centro residencial de adolescentes do Consell de Mallorca. Ten experiencia docente como profesor da Escuela AMES impartindo o módulo de intervención socioeducativa en cursos de monitores/as e directores/as de tempo libre infantil e xuvenil, cursos de formación a profesorado de colexios concertados e a educadores e educadoras sociais de centros de menores.
    • » Persoas destinatarias:
      Ao ser un curso moi práctico e adaptado á realidade dos centros de menores, está dirixido preferiblemente a educadores e educadoras sociais que traballen neste ámbito, podendo tamén asistir calquera profesional e/ou estudante do ámbito social interesado na temática. É recomendable ter realizado a parte de intervención socioducativa en problemas de conduta impartida en marzo de 2012 en Ourense polo mesmo docente, aínda que non imprescindible se a/o participante asume este feito.
    • » Duración: 16 h.
    • » Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
    • » Data límite de inscrición: 28 de maio
    • » Máis información:
      Nº conta: 2080-0101-52-3040049357 (NovaGaliciaBanco)
    • » Prezos
      Colexiadas/os Non colexiadas/os Estudantes Desempregadas/os
      35 € 70 € 35 € 35 €
    • » Documentos
      Folleto
    • Formulario de inscrición

      Situación:




       
      cláusula de privacidade