Área privada

Calendario do Ceesg

» Volver ó calendario
16 decembro 2011, 09.00h - 16 decembro 2011, 14.30h | Relacións institucionais

Seminario Internacional Tempos educativos e sociais

  • Comeza: 16 decembro 2011, 09.00h
  • Remata: 16 decembro 2011, 14.30h
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Sala de Xuntas. Facultade de Ciencias da Educación da USC | Campus Vida
Este seminario desenvolverase os días 15 e 16 de decembro, e está organizado polo Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SAIBA). Director-IP José Antonio Caride Gómez, da USC.

Os obxectivos do seminario son:
.Presentar, analizar e debater estudos, investigacións e propostas socio-políticas arredor dos tempos sociais, educativos e escolares.
. Presentar a discusión os resultados obtidos nos estudos sobre tempos sociais e educativos realizados por SAIBA, e recoller suxestións sobre novas orientacións e enfoques de investigación neste ámbito.
. Elevar recomendacións e propostas de actuación sobre as temporalidades a diversos estamentos, organizacións e responsables políticos e técnicos que optimicen a investigación, xestión e organización temporal.
. Celebrar o IV Encontro da Rede de Equipos de Investigación OcioGune.

A Presidenta do Ceesg, Sofía Riveiro Olveira, asistirá a esta acción formativa o día 16 no espazo "Foro propositivo. Tempos sociais e educativos: Puntos críticos, recomendacións e propostas de actuación".