Área privada

Calendario do Ceesg

» Volver ó calendario
01 febreiro 2017, 20.00h - 01 febreiro 2017, 21.00h | Eventos

Café da Marea Feminista

  • Comeza: 01 febreiro 2017, 20.00h
  • Remata: 01 febreiro 2017, 21.00h
  • Localidade: Vigo
  • Lugar: cafeteria De catro a catro
Para poñer en común ideas de como se pode traballar a igualdade e propostas para o debate na sociedade.
Cóntase coa presenza de Mercedes Oliveira, unha das referentes na educación sexual con perspectiva de xénero. Catedrática de Filosofía, recoñecida co Premio Irene do Ministerio de Educación, leva trinta anos aplicando de forma práctica as teorías de educación sexual na adolescencia. Sen dúbida, unha das responsábeis dos avances da educación afectivo sexual no sistema educativo.

A Marea Feminista quere combater e actuar en positivo, recollendo propostas que dende todos os ámbitos axuden a acadar unha sociedade máis igualitaria. O ensino ten un papel primordial na prevención das violencias machistas e para lograr a igualdade real entre mulleres e homes. É necesario educar dende a igualdade de valores, á marxe de que sexan nenas ou nenos, introducindo unha coeducación transversal que deberá estar presente en todas as materias e etapas, prestando especial atención á formación en igualdade, e contra o sexismo nos plans de formación do profesorado.