Área privada

Calendario do Ceesg

» Volver ó calendario
24 abril 2015, 16.30h - 26 abril 2015, 15.00h | Eventos

XXIX Encontros de Educadores/as pola paz

Baixo o lema Convivencia e Benestar para o Século XXI: Experiencias e Recursos, Nova Escola Galega organiza o XXIX Encontro galego-portugués de educadoras/es pola paz.
Neste Encontro afondarase en innovadoras perspectivas, ferramentas e dinámicas educativas dirixidas á consecución dun benestar común óptimo, libre das múltiples expresións da violencia. Entre outras temáticas, abordarase: a titoría entre iguais, planos de convivencia escolar, o fomento de redes locais de resposta social de base, a colaboración intersectorial, o sociodrama, as prácticas restaurativas, a música, a danza e a creación artística e literaria.
Nesta edición, como novidade, celébrase neste encontro a asemblea de estudantado de educación social.