Área privada

Calendario do Ceesg

» Volver ó calendario
27 setembro 2014, 17.00h | Relacións institucionais

Sinatura de convenio con Cogami

  • Comeza: 27 setembro 2014, 17.00h
  • Remata: 27 setembro 2014, 17.00h
O Ceesg e COGAMI veñen de asinar un convenio de colaboración. Un dos compromisos que adquiren as dúas entidades é a de ofrecer información a través das súas páxinas web sobre a actividade que desenvolve a outra organización, promulgando aquelas actividades afíns a través dos medios que dispoñan para a difusión. Outro dos puntos que recolle o acordo é que as dúas entidades poderán organizar actividades conxuntas encamiñadas ao desenvolvemento da educación social no eido da discapacidade, a promoción da autonomía persoal e a área xerontolóxica.