15 abril 2014, 00.00h - 15 abril 2014, 01.00h | Relacións institucionais
Concurso fotográfico Olladas dende a Educación Social
- Comeza: 15 abril 2014, 00.00h
- Remata: 15 abril 2014, 01.00h
As dinamizadoras do Punto de Información Colexial (PIC) do Ceesg na Universidade da Coruña, en colaboración co Ceesg e coa Facultade de Ciencias da Educación, impulsan un concurso fotográfico sobre Educación Social.
A intención do concurso é inmortalizar en imaxes a nosa mirada socioeducativa da vida cotiá e da contorna que nos rodea. Trátase de retratar as nosas utopías, ilusións, inquedanzas, preocupacións, denuncias..., de capturar imaxes que provoquen o debate e a reflexión crítica, fomentando a construción dun discurso conciliador por un mundo máis xusto, no que cada quen temos moito que aportar. Miradas non só desde a Educación Social, senón tamén da Educación Social, evidenciando as realidades onde está presente a nosa profesión e tamén outras nas que pode estar nun futuro non tan afastado.
Establécense tres categorías distintas: estudantado, profesorado e PAS de Educación Social da Universidade da Coruña. Haberá un premio e dúas mencións especiais por categoría.
Ábrese o prazo de participación, que durará ata o 24 de xuño.