Área privada

Calendario do Ceesg

» Volver ó calendario
27 febreiro 2014, 09.00h - 27 febreiro 2014, 14.00h | Eventos

Asistencia ao Seminario: Comunicación para influír.

  • Comeza: 27 febreiro 2014, 09.00h
  • Remata: 27 febreiro 2014, 14.00h
  • Localidade: Santiago de Compostela
  • Lugar: Hotel Monumento San Francisco
Unión Profesional de Galicia, nun momento especialmente delicado para o futuro devir dos Colexios Profesionais -dados o actual escenario de incerteza motivado polo Anteproxecto de Lei de Servizos e Colexios Profesionais- considerou a oportunidade de organizar un seminario orientado á comunicación dos Colexios Profesionais dende o punto de vista da figura do voceiro ou voceiros.
Unha correcta comunicación é unha cuestión clave cando se trata de transmitir á sociedade as importantes funcións que desempeñan os colexios en beneficio dos cidadáns e a importancia da colexiación como garantía dun exercicio profesional de calidade.
Os xornalistas Manuel Campo Vidal e Daniel Rodríguez impartiron esta formación.